Gala Pont
Gala Pont (Granollers)

Despois de graduarse en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, estudou un posgrao de Deseño na EINA e un máster de profesorado na UB. Na actualidade, vive e traballa en Barcelona como ilustradora freelance. Ademais, é deseñadora no estudo Font&Pont e imparte clases de Ilustración.
Os seus referentes parten de elementos gastronómicos, as persoas que ten preto ou as relacións de amor, especialmente en perspectiva LGTBIQ+. O universo artístico de Gala está cheo de plantas e natureza, e admira a exploradoras/ilustradoras botánicas como Marianne North ou Maria Sibylla Merian. Actualmente está a traballar no seu primeiro libro escrito e ilustrado onde as plantas terán un papel protagonista, igual que o teñen no calendario botánico que produce desde 2016. 


http://gala-pont.com