Como deseñador, dedicado preferentemente ao mundo da cultura e a música, realizou algúns dos máis memorables traballos editados durante estes anos no noso país como “Lorca” de Enrique Morente, identidade gráfica para o musical “Unha noite de verán” Tamzim Townsend, ou “Fados” de Carlos Saura.
A ilustración e o deseño gráfico, non constitúen na súa obra aspectos diferenciados e independentes, pola contra ambos se entrelazan e relaciónanse producindo unha sorte de contaminación estilística de tal modo, que os seus deseños benefícianse do seu mundo ilustrado, descansan sobre os seus gustos, preferencias e indagacións e viceversa.