É un dos deseñadores e ilustradores españois máis importantes e con máis proxección internacional. En 1971 instalouse en Barcelona para estudar Deseño Gráfico na Escola Elisava. Na década dos oitenta realizou os seus primeiros traballos como interiorista e deseñador de obxectos, que moi pronto lle valen o recoñecemento internacional. Entre os seus traballos más coñecidos destaca a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona 92: Cobi. No campo da animación salienta a súa obra Chico y Rita, un filme dirixido xunto a Fernando Trueba que foi nomeado aos Oscar e galardoado co Premio Goya á mellor película de animación.
Premio Nacional de Deseño en 1999, as súas obras colgaron do Centro Georges Pompidou de París, da Documenta de Kassel, e contou con retrospectivas do seu traballo no London Design Museum –Mariscal Drawing Life–, na Pedrera de Barcelona –Mariscal–, ou en Corea –The Art Player. Ilustracións e viñetas súas acaparan portadas e páxinas no New Yorker, El País ou na revista xaponesa Apo.