Joaquín González Dorao
Joaquín González Dorao (Cádiz)

É ilustrador profesional e autor de cadernos de viaxe sobre distintos lugares do mundo, dos que leva publicados xa máis de vinte. Nas súas obras mestura as súas dúas paixóns: a viaxe e o debuxo con acuarelas. Autodidacta e patoloxicamente curioso, segue a pensar que o seu último traballo sempre é o mellor, aquel no que destila todo o que leva aprendido cos anteriores. Comeza sempre os debuxos cunha base de lapis, que detalla e estiliza con rotuladores, e completa con acuarela, engadindo logo tipografía en forma de titulares e textos, e, ás veces, elementos atopados que pega sobre as ilustracións. Dálles grande importancia á composición e a tipografía, consecuencia se cadra da súa experiencia no deseño gráfico.


https://joaquindorao.com/