Pablo Otero
Pablo Otero (Ourense)

Realizou estudos universitarios de Belas Artes, aínda que a súa formación como profesional é sobre todo de carácter autodidacta. As súas propostas no ámbito da edición e do libro ilustrado son diversas, e nos últimos vinte anos ten colaborado en diferentes proxectos e formatos de publicación como libros de artista, poemarios, libros obxecto, cómics, guías didácticas ou álbum infantil ilustrado. Compaxina a actividade editorial coa docencia da arte, que considera parte indispensable do seu traballo e que desenvolve no marco da UE. Neste eido, destacan as experiencias realizadas como artista convidado na École Internacional de Genève, nas escolas públicas de Sao João da Madeira en Portugal ou na Laboral de Xixón.